O Celta Cadete A participou o pasado fin de semana na Saruga Cup, unha competición internacional de categoría Sub-15 que se desenvolveu no Ecopa Stadium, na cidade xaponesa de Shizuoka. Os celestes arrincaron a competición perdendo pola mínima ante o Chivas de Guadalaxara (3-4), pero os triunfos ante a Selección de Shizuoka (4-0) e o Shimizu Expulse (3-2), permitiulles alzarse co subcampeonato do torneo.