O Real Club Celta continúa nutrindo ás categorías inferiores da selección española
A canteira celeste non deixa de sumar novas convocatorias internacionais. Nesta ocasión, a selección española Sub-16 chamou ao centrocampista céltico Juan Manuel Xusto (01/02/1998, Vigo) para participar nos adestramentos que o combinado nacional realizará a partir do 4 de novembro en Las Rozas (Madrid).
O proxecto de fútbol base do club non deixa de consolidarse mes tras mes, non só pola presenza de canteiráns no primeiro equipo vigués, senón pola confianza que os seleccionadores nacionais están a despositar nos novos valores Madroa.