Fundación

O Campus de Verán Fundación Celta by Cabreiroá desembarca en Xapón

RC Celta

Os Campus da Fundación Celta desembarcan por primeira vez en Xapón. A prefectura de Chiba esta semana e a de Kanagawa a próxima, serán as sedes do campus céltico no país oriental. Entre ambas acollerán a máis de 150 mozos que terán a oportunidade de adestrarse co método do RC Celta, sempre baixo a supervisión de técnicos da canteira celeste.

A presenza internacional do RC Celta está a verse potenciada grazas ao labor da Fundación Celta a través dos seus campus e clínics. Ademais das sedes en Galicia, este verán os campus contaron con sedes en México, Irlanda, Romanía, Estados Unidos, Xapón e Panamá.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación Fundación Fundación Novas fundación Novas fundación

Noticias recomendadas