20220111_Renovación_CarlosDomínguez
A Canteira

O canteirán Carlos Domínguez seguirá no club da súa “vida” ata 2026

RC Celta

En pleno mes de xaneiro, o RC Celta xa traballa con intensidade en apontoar o seu proxecto de futuro cun gran paso adiante. O central zurdo do filial, Carlos Domínguz, asinou “co club da miña vida” unha ampliación do seu contrato ata xuño de 2026.

O canteirán mostrouse moi feliz por “cumprir un soño, levo desde pequeniño aquí  xogando e estou moi contento”.

“Sempre soñas co momento de chegar ao primeiro equipo e teño moitas  ganas de demostrar e axudar”, engadiu o central celeste, quen indicou ademais que “cando entrei no RC Celta sendo alevín chegas con ganas e entusiasmo, sempre soñas e ao final con traballo e constancia aí estamos”.

O canteirán disputou xa sete partidos de Liga co primeiro equipo, algún inesquecible como a vitoria colleitada no Camp Nou a pasada campaña ou ante o Betis fai uns días, ademais doutros tres en Copa do Rei.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas