Hemeroteca canteira

O canteirán Carlos Pérez estréase nunha convocatoria da Selección Española Sub-16

RC Celta

presentacion_canetra_web_24814.jpg

O defensa cadete concéntrase có combinado español do 3 ao 5 de novembro nas Rozas

 

A canteira do RC Celta suma unha nova convocatoria internacional. Carlos Pérez Molares (Vigo, 1999) foi chamado pola Selección Española Sub-16 para participar do 3 ao 5 de novembro nos adestramentos oficiais que o combinado español levará a cabo na Cidade Deportiva da RFEF, en Las Rozas (Madrid).

 

Esta é a primeira convocatoria coa Selección Española para o mozo Carlos Pérez, un prometedor futbolista que pode xogar tanto de lateral dereito como no eixo da zaga. A confianza dos seleccionadores nacionais nos futbolistas da Madroa continúa acrecentándose, un respaldo máis para o proxecto de fútbol base celeste que, co traballo do RC Celta e a súa Fundación, converteuse nunha dos acenos de identidade do club vigués.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas