A Selección Sub-21 chamou ao canteirán celeste Pape Cheikh por primeira vez. O seleccionador nacional, Albert Celades, comunicou a lista de 23 xogadores convocados de face á fase final do Campionato de Europa de Polonia 2017, entre os que se atopan os tamén canteiráns e xogadores do RC Celta Rubén Branco e Jonny, e a continuación nomeou a seis xogadores “da nova xeración” que adestrarán co combinado español: Lirola, Rodri, Pedraza, Ontiveros, Aleix García e Pape Cheihk.
Un novo éxito para a canteira celeste, cuxo proxecto continúa dando alegrías cada tempada ao club e a afección celeste.