O cancerbeiro mosense foi titular no amigable do conxunto español ante Bielorrusia
O canteirán celeste e porteiro do primeiro equipo Rubén Blanco (1995) viviu este luns o seu debut coa Selección Española Sub-21. O cancerbeiro mosense foi o gardameta titular no encontro amigable que enfrontou en León ao combinado español co seu homólogo bielorruso, un choque que concluíu con triunfo para os locais e coa portaría do céltico intacta (4-0).
O tamén xogador celeste e canteirán Jonny Castro tamén formou de parte do once inicial da Sub-21 española. O proxecto de fútbol base do RC Celta vese referendado a través dos logros dos seus canteiráns, un éxito dos propios futbolistas pero tamén do club, a Fundación Celta e do celtismo, que desde o primeiro día apoiou a filosofía de canteira céltica.
Fotografía: Mutsuaki Kawamori