20231115_170600 (2)
Fundación

O capitán do RC Celta, Iago Aspas, padriño do Banco de Alimentos para a Gran Recollida 2023

RC Celta

O capitán do RC Celta, Iago Aspas, é, desde hoxe, o novo padriño da Fundación Provincial Banco de Alimentos para a Gran Recollida 2023 que se celebrará os próximos 24 e 25 de novembro en supermercados da provincia de Pontevedra e, de maneira compaxina, tamén en España e Europa.

Durante un acto celebrado esta tarde na nave de Lavadores, Aspas recibiu o peto de voluntario que lle acredita como novo embaixador e fíxoo, ademais, en nome do RC Celta, institución elixida este ano por parte do Banco de Alimentos e que se atopa celebrando o seu centenario. Precisamente, o equipo vigués segue tendo en marcha ‘100 anos – 100 toneladas’, campaña a favor da nosa ONG.

O presidente do Banco de Alimentos, Iván Martínez, fixo fincapé en “a importancia” e o “arraigamento na cidade” do club vigués e asegurou que “cando un pensa no noso Celta de Vigo actual a figura de Aspas ocupa un lugar moi destacado”. Sen dúbida, sinalou Martínez, “Aspas cumpre cos requisitos que sempre buscamos para ser abanderado da nosa Gran Recollida: é unha persoa moi empática e comprometido coas causas solidarias, é de aquí, de Moaña, e non é alleo á realidade social que nos rodea”.

Xa co peto azul que hai agora un ano tamén portou a xornalista e presentadora Alba Lago, Aspas, acompañado por Marián Mouriño, manifestou: “Para min é un orgullo a nivel individual e tamén como club no ano do centenario poder apoiar esta causa. Espero que os días 24 e 25 todo o mundo achegue o seu granito de area para sacar este gran proxecto adiante, chegar aos 350.000kg e tentar superalos”.

Obxectivo: 350.000 quilos de alimentos

A Gran Recollida 2023 celebrarase os próximos 24 e 25 de novembro en máis de 130 supermercados da provincia de Pontevedra. Uns 1.800 voluntarios e voluntarias participarán nesta campaña solidaria, a de maior envergadura para os 54 Bancos de Alimentos adheridos á Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), co lema: ‘Alimenta unha vida mellor’.

Se logramos igualar ou superar a cifra alcanzada o ano pasado, que foron 350.000 quilos de comida recadados, estariamos a garantir o abastecemento de alimentos básicos tanto ao almacén de Lavadores como á nave coa que contamos en Pontevedra, polo menos, ata a primavera de 2024.

A nosa marea azul de voluntarios e voluntarias estará presente nas seguintes localidades: Vigo, Redondela, Porriño, Mos, Baiona, Gondomar, Nigrán, Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Pontevedra, Poio, Marín, Arcade, Lalín, Sanxenxo, Vilagarcía e Cambados. Algunhas cadeas de alimentación só levarán a cabo achegas económicas ao pasar por caixa nesta Gran Recollida 2023, sen posibilidade de doazóns físicas.

Últimas prazas, #haztevoluntario

Aínda que practicamente xa contamos cos voluntarios e voluntarias suficientes para poder desenvolver de maneira óptima a Gran Recollida, aínda quedan libres algunhas prazas. As persoas que queiran colaborar a pé de supermercado só necesitan dispoñer de catro horas libres e darse de alta en  www.bancoalimentosvigo.org Así mesmo, máis de corenta colexios e institutos da provincia de Pontevedra confirmaron xa a súa participación na Gran Recollida 2023, mobilizando a parte do seu alumnado en distintos supermercados e axudándonos, así, na nosa acción solidaria máis importante. Tamén o farán traballadores de distintas empresas colaboradoras.

O Banco de Alimentos de Vigo atende actualmente a máis de 20.000 persoas en situación de vulnerabilidade, a través das máis de 150 ONG e entidades homologadas coas que traballamos. Durante 2022, repartimos uns 2 millóns de quilos de alimentos. Cun claro carácter apolítico e aconfesional, todos os nosos esforzos van encamiñados a velar polo cumprimento dun dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable.

Traxectoria profesional do futbolista

Iago Aspas (Moaña) é o capitán do RC Celta e leva vinculado ao club vigués practicamente toda a súa vida profesional. Comezou a rodar o balón xa na canteira celeste á idade temperá de 9 anos, ata converterse a día de hoxe no máximo goleador histórico e xogador con máis partidos en Primeira División do club.

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas