
O Celta Fortuna xa coñece ao seu segundo rival para a pretemporada 2026/27. O filial celeste enfrontarase ao CD Lugo nun derbi galego que servirá para conmemorar o Día de Galicia e que supoñerá unha nova e esixente proba na preparación do equipo para unha tempada histórica.
O encontro disputarase o sábado 25 de xullo, ás 19.00 horas, no Estadio Municipal de Pol, e permitirá ao Celta Fortuna continuar afinando a súa posta a punto de cara á súa estrea en Segunda División, unha campaña ilusionante na que o conxunto celeste competirá por primeira vez na categoría de prata do fútbol español. Medirse a un rival coa experiencia e o percorrido do CD Lugo será unha excelente oportunidade para seguir crecendo e acumulando sensacións positivas durante a pretemporada.