O Real Club Celta desexa expresar o seu máis sincero agradecemento aos xogadores do Celta Fortuna que finalizaron o seu contrato o 30 de xuño e non continuarán no equipo a próxima tempada: Ruli, Javi Domínguez, Víctor San Bartolomé, Bruno Iglesias, Dani González e Manu Garrido.
Estes futbolistas deixaron unha pegada indeleble no seu paso pola canteira celeste e despídense pechando, con broche de ouro, unha campaña na que conseguiron destacarse como o equipo máis goleador do Grupo I e logrado un moi disputado posto en playoffs.
O club quere resaltar a súa entrega, esforzo e compromiso durante este incrible curso, e deséxalles o maior dos éxitos na súa nova etapa profesional. Grazas, canteiráns, esta sempre será a vosa casa.