Na primeira xornada caeron ante o Levante, pero resarcíronse cun triunfo ante o Rayo
O Celta Alevín comezou a súa andaina no Torneo Nacional Blue BBVA de Fútbol 7 con desigual fortuna. Os celestes debutaron na primeira xornada cunha derrota ante o Levante por 0-2. O cadro vigués pouco puido facer para contrarrestar os tantos de Alejandro e Álex.
0-CELTA: Iago, Hermelo, Oliveira, Anwar, Yoha, Abraham y Migui (tamén xogaron Álvaro e Carlos).
2-LEVANTE: Guillermo, Alejandro, Miguel, Gastón, Marc, Diego y Kevin (tamén xogaron Alexander e Álex).
Goles: Alejandro, 0-1 (Min. 10); Álex, 0-2 (Min.20).
No segundo enfrontamento, ante o Rayo Vallecano, o Celta Alevín sí logrou materializar as súas ocasións. Nos primeiros sete minutos de xogo os celestes xa vencían 2-0 con goles de Migui e Yoha, vantaxe que aumentou Óscar no minuto 14 coa terceira diana, un tanto que sentenciou o encontro. O Rayo Vallecano marcou o gol da honra nos últimos minutos.
3-CELTA: Iago, Oliveira, Abraham, Anwar, Yoha, Migui y Hermelo (tamén xogaron Álvaro, Sergio, Óscar y Carlos).
1-RAYO: Juanpe, Julio, Baldo, Gende, Aaron, Iván y Esteban (tamén xogaron Cerrillo, Miguel, David y Kevin).
Goles: Migui, 1-0 (Min. 6); Yoha, 2-0 (Min. 7); Óscar, 3-0 (Min. 14); Miguel, 3-1 (Min. 24).
O Celta Alevín xógase o pase aos cuartos de final na segunda xornada, que se disputa este sábado, ante o Málaga (11:00 horas) e o FC Barcelona (12:45 horas).