Hemeroteca canteira

O Celta B alcanza a permanencia matemática

RC Celta

iglesias-celtabcoruxo-1415.jpg

Os de Toni Otero leváronse o derbi vigués ante o Coruxo en Barreiro (3-0)

 

O Celta B seguirá unha tempada máis na categoría de bronce. Os tantos de Goldar e Borja Iglesias por partida dobre deron o triunfo ao equipo adestrado por Toni Otero no derbi vigués ante o Coruxo, tres puntos que aseguran a permanencia matemática a falta dunha xornada para finalizar o campionato. Os célticos despedirán a tempada o próximo fin de semana no campo do Marino de Luanco.

 

O Celta B dominou a primeira parte desde o asubío inicial. Todo funcionaba no conxunto celeste excepto a definición no ataque. Rioxa, Jordan e Iglesias tiveron o gol nas súas botas no primeiro tramo do partido, pero non foi até o 31 cando chegou o tanto local. Centro medido á área e remate de cabeza impecable asinado polo dianteiro Borja Iglesias, un tanto que levantou á bancada de Barreiro.

 

Tras a continuación a posesión do balón igualouse e o Coruxo comezou a achegarse á portaría céltica. Con todo a primeira ocasión clara do segundo tempo tívoa o celeste Yelko Pino nun disparo desde a frontal da área que atrapou Brais. Pouco despois os visitantes estrelaron o balón contra a madeira. No minuto 72 gol anulado a Iglesias por un fóra de xogo que non o parecía e a quince para o final Javi Que fallou un un contra un ante o porteiro.

 

No tramo final do encontro Goldar aumentou a vantaxe celeste cunha execución de falta directa impecable. Borja Iglesias redondeou o marcador anotando o seu dobrete particular sobre a bucina.

 

FICHA TÉCNICA

3-Celta B: Néstor, Soto, Goldar, De Amo, Samu, Borja Domínguez, Jordan (Javi Rey, min.67), Yelko, Rioja (Javi Que, min.58), Borja Iglesias e Señé (Omar, min.79).

 

0-Coruxo: Brais, Cristóbal, Álex Fernández, Alberto García, Adrián Pazó, Moscardo (Ángel, min.65), Ben, Antúnez, Rafa Mella, Cifuentes (Aitor Aspas, min.76) e Lamas (Pedro Vázuqez, min.68).

 

Goles: Borja Iglesias, 1-0 (min.31); Goldar, 2-0 (min.83); Borja Iglesias, 3-0 (min.88).

 

Árbitro: Alberola Rojas, do comité castelán manchego. Amonestou a Álex Fernández e Aitor Aspas, do Coruxo.

 

Campo: Barreiro.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas