victor-pastrana-celta-b.jpg
A Canteira

O Celta B asina o seu mellor partido e roza a vitoria ante o Castilla (1-1)

RC Celta

Exhibición celeste en Barreiro. O Celta B asinou o seu mellor partido da tempada ante o Real Madrid Castela, un espectacular partido ao que só lle faltou o triunfo vigués. Intensidade, actitude, dominio, orde… os de Albés adiantáronse con xustiza antes do descanso, cun gran tanto asinado por Víctor Pastrana.

O conxunto madrileño conseguiu a igualada na recta final do choque: Vinicius executou un lanzamento de falta directo soberbio que se coou pola escuadra da portaría vigués. Pouco despois, o xogador merengue viu a segunda amarela e deixou aos seus en inferioridade numérica. O Celta B botou o resto no últimos cinco minutos e puxo ao rival contra as cordas, pero o gol da vitoria non apareceu. Gran imaxe dos celestes antes de visitar o campo do Unionistas, décimo quinto clasificado do Grupo 1.

FICHA TÉCNICA

1-CELTA B: Iván Villar, Manu Farrando (Riki Mangana, min.75), Alende, Ros, Pampín, Rai, Álex Serrano (Dani Molina, min.85), Jacobo, Aarón Rey, Pastrana, Iban Salvador (Solís, min.68).

1-CASTILLA: Luca Zidane, Sergi López (Fran García, min.54), De la Fuente, Javi Sánchez, Zabarte, Jaume, Seoane (Augusto, min.73), Alberto Fernández (Franchu, min.58), Fidalgo, Vinicius, Cristo.

Goles: Pastrana (1-0, min.39), Vinicius (1-1, min.83).

Árbitro: González González, do comité tinerfeño. Amonestou a Aarón Rey, Farrando, Jacobo, Alende e Serrano (Celta); De la Fuente (Castilla). Expulsou con dobre amarela a Vinicius (Castilla).

Campo: Barreiro (1.200 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Celta b Celta b Celta b Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira

Noticias recomendadas