O Celta B avanza no seu traballo de pretempada con boas sensacións. Os celestes xogaron a pasada fin de semana o seu cuarto compromiso estival, o XLVII Trofeo Carneiro ao Espeto de Moraña ante o Pontevedra CF. Os canteiráns foron moi efectivos de face a gol e cultivaron un sólido triunfo por 0-4. Gus Ledes e Adrián Rodríguez adiantaron aos vigueses no primeiro tempo e, tras o descanso, Alende e Juan Hernández redondearon a vitoria.
O filial celeste afronta esta semana dous novos partidos de preparación, o mércores ante o Boavista da primeira división lusa no Estadio do Bessa XXI (Porto, 19:30 hora local) e o sábado ante o Céltiga no Campo Salvador Otero (Illa de Arousa, 20h).
Pretempada Celta B
Xoves 21/07: Mondariz v Celta B (1-2)
Domingo 24/07: Portonovo v Celta B (0-2)
Mércores 27/07: Estoril v Celta B (5-2)
Sábado 30/07: Pontevedra v Celta B (0-4)
Mércores 03/08: Boavista v Celta B (19:30h Portugal, Porto)
Sábado 06/08: Céltiga v Celta B (20h, Illa de Arousa)
Mércores 10/08: Arosa v Celta B (20h, Vilagarcía)