Os celestes apretaron ao rival e tiveron as súas opcións para colleitar un resultado diferente
O Celta B caeu por dous goles a cero no Municipal de Guijuelo, a pesar de que durante varias fases do partido tivo contra as cordas a un aspirante ao playoff de ascenso. No primeiro tempo as ocasións escaseaban, cun filial celeste cómodo sobre o céspede e que non permitía despregar o seu xogo ao Guijuelo. Unha xogada a balón parado castigou o bo traballo dos vigueses. Ao fío do descanso Carlos Rubén anotou o 1-0 a saque de esquina.
Os locais afrontaron o segundo tempo cunha actitude renovada, pondo en aprietos ao cadro olívico. Os galegos resistiron e no tramo final do encontro recuperaron as boas sensacións na parcela ofensiva e comezaron a inquietar ao Guijuelo. O Celta non foi capaz de definir as súas opcións de gol e, finalmente, os salmantinos sentenciaron o choque cun tanto no minuto 83, obra de Valero.
Tras esta derrota o filial céltico ocupa a décimo cuarta posición da clasificación, dous puntos por encima dos postos de descenso.
FICHA TÉCNICA
2-Guijuelo: Felipe Ramos, Moreno, Rigo, Yeray, Razvan, Javi Moreno, Valero, Fran Pastor (Raúl Ruiz, min.81), Chuchi (Ramiro, min.86) Rubén (Lambarri, min.69) e Nierga
0-Celta B: Néstor, Soto, Goldar, Crespo, Samu, Javi Rey (Borja Iglesias, min.55), Casas, Yelko, Youssef (Jordan, min.46), Javi Que (Thaylor, min.68) e Señé.
Goles: 1-0, Carlos Rubén (min.43); 2-0, Valero (min.83)
Árbitro: Fernández Fernández, do colegio extremeño. Sen amonestados
Campo: Municipal de Guijuelo