Hemeroteca canteira

O Celta B cae ante a Cultural no Reino de León

RC Celta

cultural_celta_b_web_171114.jpg

O filial encaixou tras un erro e non puido superar o a defensa rival, que sentenciou á contra ao final

 

O Celta B caeu no Reino de León nun partido no que volveu dominar a posesión e encaixou tras un erro na primeira chegada rival. A Cultural leonesa sentenciou nunha contra no último minuto de xogo. Javi López non puido debutar cun bo resultado.

 

O filial reclamou protagonismo desde o primeiro instante, apoderouse do coiro e moveu o coiro con soltura e paciencia e chegou ao área nun par de ocasións nos minutos iniciais. O equipo local respondeu cun par de accións a balón parado ben defendidas pola zaga celeste.

 

O conxunto vigués, que non cedía no seu dominio e capitalizaba a posesión do coiro, puido desfacer o empate aos 20 minutos cun cabezazo de Borja Iglesias anticipándose ao porteiro que saíu ligeramente elevado. Pouco despois, Diego Calzado desviou co corpo un forte disparo próximo do ariete. Boa chegada dos célticos, que encaixaron na seguinte xogada nun erro defensivo. Aketxe encarou a Óscar Santiago e adiantou aos locais. Unha vez máis: primeira chegada, gol do rival.

 

Ao filial tocáballe de novo enfrontarse a un marcador adverso ante un rival que apenas cruzara a súa liña divisoria e anotara no seu primeiro remate, chegado ademais nun erro do conxunto vigués.

 

O filial, sen apenas ocasións, intentouno ata o descanso de xeito infrutuoso.

 

Trala reanudación, o Celta B tratou de retomar o mando do choque, aínda que con dificultades para xerar chegadas claras e ante un rival que saía con velocidade á contra e acumulaba xogadas a balón parado. Nunha delas, unha falta inexistente na frontal sinalada aos 13 minutos, Aketxe lanzou á madeira.

 

O filial si roldou o gol aos 18 minutos nunha boa contra que culminou Yelko cun remate á media volta que despexou o porteiro local. Nesa fase do encontro, o balón permanecía inactivo longos minutos. A Cultural ralentizaba ao máximo o xogo e prolongaba cada caída, cada falta, o maior tempo posible.

 

O encontro entrou no tramo final sen dominador claro, con problemas para o Celta B á hora de crear ocasións e xa deixando espazos atrás na súa procura do tanto do empate. Os últimos minutos chegaron co balón en pés dos célticos ante unha Cultural que acumulaba defensores e defendía con orde a súa vantaxe. E no último minuto, contra letal e gol de Borja Martínez.

 

FICHA TÉCNICA

 

2-Cultural Leonesa: Diego Calzado, Iván González, Pérez, Santi Santos, Villarejo, Rubén García (Gonzalo, min.73), Kamal, Tornero (Borja Martínez, min.60), Peláez (Tejedor, min.84), Víctor e Aketxe

 

0-Celta B: Óscar, Kevin, Soto, De Amo, Samu, Borja Domínguez ) Javi Que, min.76), Borja Fernández, Yelko, Julio (Thaylor, min.59), Jordan e Borja Iglesias

 

Goles: 1-0, min.25: Aketxe; 2-0, min.90: Borja Martínez

 

Árbitro: Arriola Echeberría, do comité Vasco. Amonestou a Rubén, Santi Santos, Kamal, Borja Iglesias, De Amo

 

Campo Reino de León

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas