Hemeroteca canteira

O Celta B cae ante o líder en Barreiro

RC Celta

celtab-udlogrones-1516

 

Derrota celeste en Barreiro ante a UD Logroñés, líder de 2ªB. O filial vigués foi de máis a menos e non aproveitar as súas ocasións no primeiro tempo pasou factura ao cadro galego. Un inesperado gol ao bordo do descanso, cando o Celta dominaba, puxo o partido costa arriba. Os rioxanos aseguráronse o tres puntos con dúas dianas case consecutivas a vinte minutos para o final.

 

O Celta B arrincou o duelo ante a UD Logroñés con frescura. Os celestes non tardaron en axexar a área rival e cando perdían o balón o traballo de recuperación era rápido e efectivo. Os visitantes, lonxe de encartarse ante as ofensivas célticas, trataban de replicar a proposta viguesa presionando arriba.

 

A pesar das intencións da UD Logroñés, o Ceta foi claro dominador do primeiro tempo. Igrexas e Fragapane, quen deixou un bo puñado de detalles técnicos, tiveron oportunidades claras para perforar a portaría de Miguel. Aos rioxanos custáballes prodigarse en ataque. Ao bordo do descanso chegou un tanto inesperado polo visto sobre o céspede. Saque de esquina que cabecea Borja para marcar o primeiro da UD Logroñés.

 

Tras a continuación o filial céltico non foi capaz de carburar. O opoñente comezou a sentirse cómodo, esperando na retagarda e disposto a danar á contra. Así foi como chegou o 0-2 a vinte minutos para o asubío final. Carlos gañou por forza un balón longo para bater ao gardameta celeste. O 0-3, obra de Iker Alegre, subiu ao marcador un minuto despois. Os de Torres Gómez non baixaron os brazos, pero o resultado non se moveu.

 

FICHA TÉCNICA

0-CELTA B: Iván Villar, Kevin, Samu, Alende, Goldar (De Amo, min.83), Borja Fernández, Luis Rioja, Jordan (Rubén Ramiro, min.66), Borja Iglesias, Julio Delgado e Fragapane (Guille Andrés, min.74).

 

3-UD LOGROÑÉS: Miguel, Rico, Paredes, Adrián León, Borja, Jacobo, Titi (Miguel Santos, min.66), Chevi, Carlos, Muneta (Iker Alegre, min.59) e Pere Milla (Yoel Valencia, min.76).

 

Goles: Borja, 0-1 (min.43); Carlos, 0-2 (min.70); Iker Alegre, 0-3 (min.71).

 

Árbitro: Villora Linacero, do comité madrileño. Amonestou pola UD Logroñés a Paredes e Rico; polo Celta B a Samu e Goldar.

 

Campo: Barreiro

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas