O Celta B caeu de maneira contundente na súa visita ao Atlético Baleares (6-1). Os de Jacobo Montes adiantáronse no marcador cun gol do xuvenil Gabri Veiga pero non souberon deter as acometidas do conxunto local, que engordou o marcador final nos últimos minutos.
Celta B: Vieites, Carreira, Farrando, Fontán, Pampín, Dani Molina, Gabri Veiga, Losada, Bermejo, Solís y Lautaro. Tamén xogaron Ros, Jacobo e Dani Vega.