Os impresionantes resultados do Celta B nesta tempada sufriron unha pausa en Ponferrada, onde este mércores perderon pola mínima nun partido condicionado pola expulsión do central Diego Alende. A Ponferradina adiantouse cun gol de falta ao bordo do descanso. Tras a continuación os de Menéndez entregáronse ao máximo para igualar o marcador, pero a falta de media hora o Celta quedou en inferioridade numérica.
Barreiro acolle este domingo ás 12:00 un novo duelo ante un conxunto leonés, a CyD Leonesa. O Celta B, con só dous tropezos como visitante, non coñece a derrota como local esta tempada.
FICHA TÉCNICA
1-PONFERRADINA: Dinu, Nacho, Xisco, Gonzalo, Fuster, Moreno (Pastrana, 75′), Menudo, Cidoncha, Chavero, Rayco (Caiado, 83′), Figueroa (Juanto, 72′).
0-CELTA B: Néstor, Kevin, Roger, Alende, Samu, Borja Fdez, Gus, Brais (Caste, 61′), Hicham (Juan Mera, 63′), Juan Hdez (Agust, 75′), Iglesias.
Gol: Menudo, 1-0 (45′).
Árbitro: López Puerta, do comité madrileño. Amarelas a Figueroa e Juanto (Ponferradina); Roger, Hicham e Iglesias (Celta). Expulsou con veremlla directa a Alende (60′, Celta).
Fotografía: www.sdponferradina.com
Campo: El Toralín (3.580 espectadores).