Torres Gómez: “Imos demostrar ambición e que queremos protagonizar os partidos”
O Celta B debutará no campionato ligueiro ante a afección celeste, en Barreiro, o fin de semana do 23 de agosto. Os canteiráns célticos mediranse ao que, a priori, é un dos pratos fortes da categoría, o Racing de Santander. O primeiro encontro fóra de casa, na segunda xornada, levará aos vigueses ao campo da Cultural Leonesa.
O sorteo do calendario deparou unha circunstancia ben curiosa no caso do Celta B, e é que o cadro olívico medirase de maneira consecutiva aos outros 5 clubs galegos da división de bronce (Pontevedra, Racing de Ferrol, Compostela, Somozas e Coruxo) entre as xornadas 14 e 18 na primeira volta e entre as xornadas 33 e 37 na segunda.
Os celestes pecharán a tempada o 15 de maio en casa do Valladolid B, un equipo que coñece moi ben o actual adestrador do Celta B, Javier Torres Gómez: “É un campo complicado polo terreo de xogo. Tesche que adaptar para xogar alí e eles sacan moito rendemento na súa casa”, o técnico celeste. Torres recoñece que o Racing de Santander “é un rival que parte como un dos favoritos para estar na parte alta” pero remarca que o Celta B “vai competir e dar a cara ante calquera rival. Empezar contra eles é unha boa pedra de toque”.
O adestrador celeste móstrase satisfeito por poder empezar “arroupados en casa” e fai un chamamento ao celtismo para que apoien ao filial esta tempada: “Queremos que os afeccionados veñan ver ao equipo e que estean contentos coa imaxe que damos. Imos demostrar ambición e que queremos protagonizar os partidos”.
XORNADAS DESTACADAS
X1: Celta B – Racing de Santander
X2: CyD Leonesa – Celta B
X14/33: Compostela – Celta B
X15/34: Celta B – Pontevedra
X16/35: Racing Club de Ferrol – Celta B
X17/36: Celta B – Somozas
X18/37: Celta B – Coruxo
X38 (última): Valladolid B – Celta B
Calendario completo AQUÍ