Vitoria celeste ante o AD Alcorcón, líder da categoría, na 24ª xornada de Primeira RFEF en Abanca Balaídos.
A primeira parte consistiu dun partido de xogo no medio campo onde ata o gol celeste obra de Hugo Álvarez, ambos os conxuntos estiveron igualados buscando a posesión do balón e que se determinaba en pequenos detalles.
O segundo tempo foi distinto e estivo repartido para ambos os conxuntos, onde o Celta B esmagou nunha gran cantidade de ocasións a meta rival con perigo e o Alcorcón achegouse á portería de Christian Joel para tentan atopar o empate. Aguantou o conxunto celeste as arrancadas oleiras e se garda en Abanca Balaídos a súa quinta vitoria consecutiva, estadio que xa é un fortín celeste.
Durmirá o Celta B en sexta posición, empatado a puntos co Racing de Ferrol. A próxima xornada o filial celeste verase as caras co Mérida na 25º xornada, a tentar cultivar outra vitoria e seguir a boa forma do equipo.
Ficha técnica:
Celta B: Christian Joel; Carrique, Javi Dóminguez, Sergio Barcia, Fernando Medrano; Calderón (min. 76, San Bartolomé), Damián Rodríguez, Raúl Blanco (min. 61, Tincho Conde), Iker Losada (min. 83, Pablo Durán), Hugo Álvarez (min. 83, Hugo Sotelo) e Miguel Rodríguez (min. 76, Lautaro).
AD Alcorcón: Jesús Ruiz; Víctor García (min. 82, Berto), Javi Castro, Babin, Morillas; Mosquera, Bravo (min. 61, Álex López), Javi Lara (min. 81, Yago Paredes), Ernesto (min. 61, Iago López), Álvaro Bustos (min.69, Addai) e Chiki.
Goles: Hugo Álvarez (min. 37′)
Colexiado: Cid Camacho (Castelán-leonés) Amoestou a Barcia, do Celta B. Expulsou a Claudio Giráldez, adestrador do Celta B.