Hemeroteca canteira

O Celta B debuta en Barreiro cun empate que sabe a pouco

RC Celta

celta__santander_28816.jpg

 

O Celta B sumou un novo punto no seu segundo partido da tempada, o seu debut en Barreiro, nun intenso partido ante un duro Racing de Santander. Os celestes, moi superiores ao seu rival, adiantáronse na primeira mutade, por medio de Borja Iglesias, pero, na segunda, tras perdoar varias oportunidades moi claras, encaixaron na primeira chegada rival. O filial non puido logo aproveitar a expulsión dun adversario.

 

Moito ritmo, intensidade e ocasións para ambos nun comezo de partido vibrante e disputado. O filial, moi dinámico arriba, creou boas ocasións á contra, cun xogo veloz e preciso, asustando e dominando a un rival forte e experimentado. Aos 35 minutos, gran centro de Kevin e remate á rede de Borja Igrexas. Premio á proposta e o bo xogo celeste, que até o descanso puideron proporcionar unha vantaxe maior.

 

Tras a continuación, de novo grandes ocasións para os celestes, netamente superiores ao seu rival. Perdoaron, e o Santander aproveitou a primeira que tivo. Aos 12 minutos, Aquino recibiu na área e marcou de tiro cruzado. Pouco despois, o racinguista Álvaro Peña foi expulsado por dobre amarela. O equipo visitante deu un paso atrás tratando de preservar un empate que non merecía.

 

O final foi un descontrolado ida e volta, pero o marcador xa non se moveu.

 

FICHA TÉCNICA

1-Celta B: Néstor, Kevin, Roger, Alende, Samu, Ros, Gus Ledes, Juan (Joao, min.69), Hicham (Juan Mera, min.63), Brais Méndez e Borja Iglesias.

 

1-R Santander: Iván Crespo, Gándara, Granero, Samuel, Julen, Sergio Ruiz, Álvaro Peña, Óscar Fernández (Coulibaly, min.33), Héber, Aquino e César (Cobo, min.67).

 

Goles: 1-0, min.34: Borja Iglesias; 1-1, min.57: Aquino.

 

Árbitro: Rodríguez García, do comité asturiano. Expulsou a Álvaro Peña con dobre amarela (64´) e amonestou a Kevin, Juan, Brais Méndez, Borja Iglesias, Julen.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas