Os canteiráns venceron 0-2 no campo do CD Lealtad con goles de Thaylor e Julio
O Celta B comezou a tempada 2014/2015 da mellor forma posible, cunha gran vitoria no campo do CD Lealtad, en Asturias. O encontro destacou por unha alta intensidade desde o asubío inicial. O conxunto local apertou forte nos primeiros minutos do partido, impedindo a construción do xogo céltico e chegando en varias ocasións á área celeste. Antes do descanso Thaylor adiantou aos vigueses tras un dobre remate, o primeiro á madeira e o segundo ao fondo da rede.
Tras a continuación o cadro local buscou con decisión o gol do empate, pero o bo traballo defensivo dos canteiráns da Madroa permitiu manter a vantaxe no marcador ata o final. No minuto 84 Julio sentenciou ao finalizar unha contra perfecta dos olívicos.
FICHA TÉCNICA
0-CD Lealtad: Porrón, Pelayo, Keko, Hedrera, Pantiga, Pelaez, Lombar, Yosu, Castel, Matías e Espina
2-Celta B: Óscar, Goldar, Crespo (Samu, min.56), Javi Rey, De Amo, Álvaro, Luis, Borja Domínguez (Jordan, min.65), Borja Iglesias, Julio e Thaylor (Pape, min.77)
Goles: Thaylor, 0-1 (min.39); Julio, 0-2 (min.84)
Árbitro: Azpilikueta Saldias. Amonestou aos celestes Álvaro, Julio e De Amo
Campo: Las Callejas (Villaviciosa)