Novo reforzo para o ataque do Celta B, que nuns días debutará na Primeira División RFEF. O conxunto celeste incorpora ao extremo zurdo Cedric Teguía, que chega cedido polo Atlético de Madrid cunha opción de compra.
Cedric, de 19 anos de idade, atesoura experiencia en Segunda División, categoría na que a pasada campaña disputou unha veintena de partidos, e é internacional coa Selección Española Sub-20.