alex-serrano-mallorca-2.jpg
A Canteira

O Celta B incorpora ao mediocentro ofensivo Álex Serrano

RC Celta


O RC Celta pechou a incorporación do centrocampista Álex Serrano para o seu equipo filial. O xogador barcelonés chega procedente do RCD Mallorca para vestir a camiseta celeste a próxima tempada e media con opción a outro tres campañas opcionais.

Álex Serrano (Barcelona, 1995) é un novo mediocentro ofensivo zurdo que destaca pola súa visión de xogo, desprazamento en longo, bo último pase e golpeo a balón parado. Formado na canteira do Sporting de Gijón, Serrano conta cunha importante experiencia na Segunda División B tras o seu paso polo conxunto gijonense e os filiais de Espanyol e Mallorca. En total setenta e nove partidos na categoría de bronce, aos que hai que sumar catro en Segunda División durante a súa etapa en Xixón, ademais de dúas de Copa do Rei, un deles co Mallorca.

Serrano foi internacional coa Selección Española Sub-19.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Celta b Celta b Celta b Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira

Noticias recomendadas