ESCUDO-1300x400-01
Novas celta b

O Celta B incorpora experiencia e equilibrio ao seu centro do campo coa chegada de Martín Calderón

RC Celta

O Celta B apura as últimas horas de mercado para reforzar o seu plantel para a ilusionante tempada 2022/2023. Tras a chegada do central Vicente de Andrade, o club pechou a incorporación do centrocampista andaluz Martín Calderón. De 23 anos de idade, quen chega cedido, con opción de compra, polo Cádiz Cf.

Martín Calderón enriquecerá ao mozo conxunto de Claudio Giráldez coa súa experiencia -disputou encontros en Primeira División en España e Portugal e na Segunda División española- e bo manexo do coiro na medular.

O centrocampista xerezano formouse na canteira do Real Madrid e co filial branco disputou 40 partidos. Tras unha cesión ao Paços de Ferreira recalou no Cádiz, onde debutou en Primeira, e a pasada campaña militou no Mirandés cedido polo cadro gaditano.

RC Celta

Etiquetas

Novas celta b

Noticias recomendadas