O Celta B continúa invicto despois de catro xornadas disputadas no Grupo 1 da Segunda División B. Os celestes estiveron moi preto de levar o tres puntos no campo do Atlético de Madrid B. Riki adiantou aos de Vigo ao comezo do segundo tempo e o cadro local logrou o empate cando o choque chegaba ao seu fin, no minuto 86.
O cadro celeste volve xogar a próxima semana fóra de casa e de novo ante un filial, o Valladolid B. Os de Rubén Albés buscarán prolongar a súa imbatibilidade nos Anexos do José Zorrilla.