O Celta B, serio, ordenado e ambicioso, superou ao Coruxo no derbi vigués e segue na zona alta da táboa. Partido intenso e disputado que deixou unha nova proba de madurez dos celestes, que dispuxeron de varias ocasións claras para levarse unha vitoria máis ampla.
Excelente posta en escena o Celta B no derbi local e nun campo ciertamente pesado polo auga caída nas últimas horas. Dominador e ambicioso, o filial cosechou boas chegadas ante un rival encerrado no seu campo. O B puido marcar en varias ocasións, en especial nunha magnífica xogada de Hicham que acabou en saque de esquina de xeito incrible.
Xa no tramo final, o encontro foise trabando e igualando, con menos fútbol e máis disputa. Poucas ocasións nesta fase do choque, un bo remate de Hicham desviado con apuros polo meta rival, e empate sen goles ao descanso.
Trala reanudación, o Celta B tomou o mando e logrou o seu obxectivo. Falta que executou Gus Ledes e o coiro acabou na rede tras tocar nun defensor. O partido foise axitando, cun espectacular ida e volta e ocasións para ambos. O filial perdoou a falta de cinco minutos tras unha boa xogada de Hicham que Joao non puido levar á rede.
O Celta B logrou unha nova vitoria, moi traballada, que o ancora na zona alta da clasificación.
1-Celta B: Iván Villar, Kevin, Roger, Alende, Adri Castellanos (Samu, min.81), Juan Fernández (Agus, min.88), Gus Ledes, Juan Hernández, Brais Méndez, Juan Mera (Joao, min.75) e Hicham
0-Coruxo FC: Alberto, Yosu (Cubas, min.70), Alberto García, Campillo, Pablo García (Pibe, min.84), Iosu Villar, Fernando, Pedro (Hugo, min.79), Antón, Jorge e Camochu
Goles: 1-0, min.51: Iosu Villar en propia porta
Árbitro: González Hernández, do comité castelán leonés. Expulsou a Iosu Villar (min.92), e amonestou a Roger, Brais, Joao, Campillo, Pablo García, Cubas
Campo: Barreiro, uns 1200 espectadores