O Celta B presentouse ante o público de Barreiro este domingo cun gran triunfo ante o Alondras por 4-2 co que pon punto e final á pretemporada. O filial celeste adiantouse desde o punto de penalti nada máis comezar o partido. Ían Salvador provocouno e executouno con acerto. Apenas un minuto despois, os visitantes empataron, pero un novo penalti ao dez minutos de xogo, convertido por Apeh, devolveu a vantaxe aos celestes.
Xa na segunda parte, Agujetas devolveu a igualdade ao marcador. Os de Albés botaron o resto e obtiveron a súa merecida recompensa con dúas tantos que certificaron o triunfo vigués. Primeiro Pastrana e por último Apeh, anotaron os goles que supuxeron o definitivo 4-2.
A previa do partido serviu para presentar oficialmente ao equipo e o corpo técnico ante a afección céltica. O Celta B debutará na Segunda División B 2018/19 o próximo domingo 26 de agosto ás 12:00 en Barreiro ante o Guijuelo.
FICHA TÉCNICA
4-Celta B: Iván Villar, Farrando, Ros, Alende, Pampín, Rai Marchán, Dani Molina, Álex Serrano, Dani Vega, Iban Salvador, Apeh. Tamén xogaron: Jero, Pastrana, Fontàn, Alomerovic, Aarón Rey, Sergio.
2-Alondras: Nucho, Varela, Pablo García, Agujetas, Aitor, Sabel, Mauro, Rocha, Lescano, Iván Pérez, Champi.
Goles: Iban Salvador (1-0, min.7, de penalti), Lescano (1-1, min.8), Apeh (2-1, min.10, de penalti), Agujetas (2-2, min.55), Pastrana (3-2, min.77), Apeh (4-2, min.82).