juan-hernandez-celta-fabril-barreiro-2017-2018.jpg
Celta b

O Celta B pón a sexta en Abegondo (1-3)

RC Celta

O Celta B encadeou a súa sexta vitoria consecutiva este domingo en Abegondo e, a falta de pecharse a xornada, sitúase a tan só tres puntos do líder, precisamente o Deportivo Fabril. Os celestes foron netamente superiores ao conxunto coruñés durante todo o partido. Drazic adiantou aos vigueses no primeiro tempo cun golazo, marcado sen apenas ángulo.

Tras a continuación os de Albés sentenciaron o ‘miniderbi’ cos tantos de Ros e Juan Hernández. O tramo final do choque estivo protagonizado por dúas expulsións que deixaron ao Deportivo con nove xogadores sobre o terreo de xogo. Nos último minutos, o Fabril marcou o gol da honra. Tremendo refacho de resultados a do Celta B, que se erixe como claro candidato a disputar a próxima promoción de ascenso a Segunda División.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Celta b Celta b Celta b Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira

Noticias recomendadas