Hemeroteca canteira

O Celta B recupera sensacións cunha gran goleada ao Arandina

RC Celta

celta_b_arandina_web_20915.jpg

 

O Celta B recuperou sensacións cunha contundente vitoria ante o Arandina, equipo voluntarioso e ordenado que xogou en inferioridade numérica a segunda metade e non puido frear o vendaval celeste. Borja Iglesias en dúas ocasións, Rubén, Jordan, Julio delgado e Guille foron os goleadores do filial.

 

Tras nove minutos intensos e de gran disputa, Álex salvou ao seu equipo cunha gran parada a remate de Borja Iglesias desde a frontal. O Celta B ía impoñendo o seu xogo combinativo e, aínda sen acumular ocasións nin excesiva velocidade, encerrando no seu campo ao Arandina, sempre ordenado e voluntarioso.

 

Aos 33 minutos, centro desde a esquerda de Lucas Olaza e gran remate de primeiras á rede de Borja Iglesias. O ariete enganchou unha gran volea para anotar e adiantar aos célticos.

 

Pouco despois, aos 37 minutos, erro na saída de balón que aproveitou Carlos para empatar o choque cun bo lanzamento cruzado. O filial pagaba moi caro un fallo puntual e víase de novo abocado a empuxar e asumir maiores riscos. Nos últimos instantes da primeira metade, Carlos viu a segunda amarela e deixaba ao seu equipo en inferioridade.

 

Trala reanudación, primeira chegada nos primeiros segundos e gol de Rubén, quen cruzou ben o coiro á rede desde o pico da área. E dous minutos despois, remate á cruceta de Julio e gol de Jordan no rexeite. O canterano golpeou con precisión entrando desde atrás para encarrilar o encontro. O cuarto chegou pouco despois tras varios rexeites e rebote final en Borja Iglesias. En apenas dez minutos o partido estaba pechado.

 

Houbo máis goles. Aos 21 minutos, espectacular volea de Jullo Delgado a centro de Rubén. Golazo. Despois Guille, cun bo cabezazo fixo o sexto a falta de dez minutos para o final.

 

6-Celta B: Iván Villar, Kevin, Jonathan de Amo, Diego Alende, Lucas Olaza, Borja Fernández, Pape Cheikh (Fragapane, min.68), Jullo Delgado, Jordan (Luís Rioja, min.67), Rubén e Borja iglesias (Guille, min.75)

 

1-Arandina: Álex, Borja Plaza (Ruba, min.67), Fernando Pajarero, Sergio Roche, Mauri, Gonzalo, Manu, Adri (Ochoa, min.59), Nico (Pablo, min.81), Carlos e Pau Franch

 

Goles: 1-0, min.33: Borja Iglesias; 1-1, min.37: Carlos; 2-1, min.46: Rubén; 3-1, min.48: Jordan; 4-1, min.53: Borja Iglesias; 5-1: min.66: Jullo Delgado; 6-1, min.80: Guille

 

Árbitro: Fernández Pérez, do comité asturiano. Expulsou con dobre amarela ao visitante Carlos (42’) E Amonestou a Pau Franch, Mauri, Borja Plaza e Pape

 

Campo: Barreiro, uns 800 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas