O RC Celta iniciou a confección do plantel do filial para a próxima tempada co obxectivo de configurar un equipo competitivo e integrado por xogadores con futuro e proxección. O Celta B incorpora a dous novos futbolistas, Jacobo González, quen asinou por dúas tempadas con outras tres opcionais e Manu Farrando, vinculado tamén por dúas campañas e outras tantas opcionais,
Jacobo González é un extremo dereito que tamén pode ocupar con solvencia a posición de lateral. Trátase dun futbolista de 21 anos, ambidestro con bo regate e visión de xogo. O madrileño procede do Villanovense e debutou en Segunda División co Alcorcón na tempada 16/17.
Manu Farrando é un central de 22 anos que procede do Atlético Baleares e posúe unha gran experiencia na categoría. É un futbolista poderoso no xogo aéreo, con boa saída de balón e moi veloz. Pode xogar en ambos perfís no eixe da defensa e tamén na posición de lateral.