Hemeroteca canteira

O Celta B resiste con dez ante As Pontes

RC Celta

CeltaB-As_Pontes_2-0.jpg

O filial, que dominou a primeira parte, sufriu tras o 2-0 e a expulsión de Churre no segundo tempo

 

Os xogadores celestes gozaron de multitude de ocasións para abrir o marcador no primeiros corenta e cinco minutos. O porteiro das Pontes, Marcos, frustrou todas as oportunidades do conxunto vigués.

 

Tras a continuación os de Pichi Lucas continuaron dirixindo o encontro, con continuas chegadas á área rival. No minuto 49 Maceira asistiu por arriba a Santi Mina, que definiu de cabeza para pór o 1-0. Bo gol do mozo dianteiro, que anota por terceiro partido consecutivo.

 

Pouco despois, no 52, Mina foi de novo protagonista. Galopada exemplar do ariete que deixou atrás aos rivais e unha vez na área cedeu o balón a Añón para que este anotase a pracer. Todo facía pensar que o partido estaba amarrado, pero o As Pontes aproveitou o bajón do filial para xerar claras ocasións de perigo.

 

No minuto 55 Víctor Vázquez derrubou a un rival na área céltica. A colexiada non o pensou. Mostrou o segundo cartón ao xogador celeste e indicou penalti. Oportunidade inmellorable para reducir distancias, pero Bossa executou a pena máxima ao panenka e Óscar de Santiago, moi atento, atrapou o esférico con facilidade.

 

Lonxe de vir abaixo, As Pontes continuou ameazando a portaría do Celta B, pero se no primeiro tempo o porteiro Marcos estivo sensacional, Óscar de Santiago non quedou curto na segunda parte. Primeiro Bossa enviou un balón ao pau e, pouco despois, o cérbero celeste realizou dous auténticos paradones.

 

No encontro tamén houbo lugar á polémica. Santi Mina foi derrubado no 63 cando se dirixía totalmente só cara á portaría rival. A árbitro mostrou cartón amarelo ao futbolista das Pontes. O Celta B foi capaz de manter o resultado, pero mostrando unha imaxe moito inferior que na primeira parte a pesar dos dous tantos.

 

FICHA TÉCNICA

 

RC Celta: Óscar, Kevin, Maceira, Víctor Vázquez, Maestre, Antón, Santi Mina, Borja, Camochu (Aitor, min.71), Rubén Martínez (Benja, min.77), Añón (Moreira, min.57)

 

As Pontes: Marcos, Rochela, Nano (Esmoris, min.65), Chote, Pablo López, Dani (Eloy, min.77), Iván González (Cañi, min.65), Bossa, Arias, Dieguito, Pablo Domínguez

 

Goles: Santi Mina, 1-0 (min.49); David Añón, 2-0 (min.52)

 

Árbitro: Ana Zardaín. Amonestou a Nano, Rochela, Santi Mina Benja e expulsou con dous cartóns amarelos a Víctor Vázquez (min.55)

 

Campo: Barreiro

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas