Hemeroteca canteira

O Celta B segue crecendo en Barreiro: Supera con claridade ao Valladolid B

RC Celta

celta_b_valladolid_b_web_18415.jpg

Boa segunda metade do filial. Anotaron Yelko e Señé para selar o valioso triunfo

 

O Celta B segue forte en Barreiro e esta tarde sumou unha nova vitoria que lle achega ao obxectivo. O filia mellorou na segunda metade, na que Yelko e Señé anotaron os tantos do valioso triunfo celeste.

 

Aos dous minutos de xogo, Jullo salvou con o pé un remate de socato de Yelko. Despois foi o Valladolid B o que dispuxo dun par de boas ocasións e diluíu o fulgurante arranque local.

 

O filial pareceu notar a presión, as apreturas da necesidade ante un rival desinhibido que atacaba con alegría e defendía con orde. Perdeu o control do xogo, a precisión, e pasou moitos minutos sen achegarse con perigo ao área dun conxunto vallisoletano que si tocaba con calma e aplicaba paciencia para cociñar as súas chegadas.

 

Pasada a media hora de xogo, o Valladolid B seguía mantendo ao Celta B lonxe da súa área, co partido ao ritmo que marcaban os visitantes e o filial intentando con algún zarpazo sorprender ao correoso conxunto vallisoletano.

 

A punto estivo de chegar aos 35 minutos nunha falta afastada cabeceada por De Amo que acabou cun apurado despexe de Jullo. Seis minutos despois, gran contra de Borja Iglesias con clamoroso derribo na frontal. A falta executouna Señé con gran intención, pero o coiro saíu lixeiramente elevado.

 

Trala reanudación, con Jordan no campo por Borja Fernández, só tardou dous minutos o Celta B en acertar, Centro de Soto desde a dereita, o rexeite cáelle a Yelko no área e o canteirán para, amaga e marca.

 

O conxunto local asentouse logo desta valiosa vantaxe, mellorou o seu xogo e gañou en solidez. Exprimiuna aos 22 minutos cunha gran contra con pase final de Yelko que culminou Señé cun bo disparo coa zurda. Xugosa vantaxe mediada a segunda metade.

 

Os vigueses atoparon despois espazos para correr e dispuxeron de varias oportunidades para pechar o encontro ante un rival que non baixaba os brazos e buscaba con empeño recortar a súa desvantaxe. Ao final, sen sobresaltos, valiosa vitoria en Barreiro que achega ao filial ao seu obxectivo, aínda que coa mala noticia da dobre vermella que viron Ayub e Javi Que no desconto.

 

2-Celta B: Néstor, Soto, Goldar, De Amo, Samu, Borja Fernández (Jordan, min.46), Borja Domínguez, Yelko, Señé, Thaylor (Javi Que, min.80) e Borja Iglesias (Luis Rioja, min.72)

 

0-Valladolid B: Julio, Deve, Ramiro, Anuar (Fran, min.70), Brian (Alexis, min.59), Toni, Ayub, Ángel, Navas, Jorge (José, min.56) e Guille

 

Goles: 1-0, min.47: Yelko; 2-0, min.67: Señé

 

Árbitro: López Puerta, do comité madrileño. Expulsou con vermella directa no a Ayub e Javi Que e amonestou a Borja Fernández, Anuar, Debe e Ramiro

 

Campo: Barreiro, uns 800 espectadores 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas