O Celta B caeu inxustamente derrotado en Barreiro ante o líder da categoría, a Cultural y Deportiva Leonesa. Non foi o mellor partido dos celestes, pero si tiveron as ocasións máis claras. O porteiro do conxunto leonés erixiuse en figura crave para o triunfo leonés, con varias paradas de moito mérito. A Cultural aproveitou unha das súas poucas chegadas e os de Menéndez batallaron até o asubío final con auténtico tesón. Non puido ser e o Celta B sufriu a primeira derrota da tempada como local.