celta-b-sanse-web-9918.jpg
Celta b

O Celta B sofre ante o Sanse a súa primeira derrota da tempada (0-2)

RC Celta

O primeiro tramo do partido foi un rigoroso exercicio táctico que anulou espazos e evitou achegamento algún en ambas áreas. Primaron a orde e a minimización do risco e os minutos pasaron sen axitación algunha. Nos últimos minutos da primeira metade, o Sanse empuxou con forza ante un impreciso filial e Castel anotou a falta de dous minutos para o descanso tras un rexeite no área pequena.

Tralo descanso, na primeira xogada, ao minuto de xogo, Carlitos anotou o segundo do Sanse cun remate cruzado no área. Varapalo tremendo para o Celta B. O filial tivo dous remates consecutivos un instante despois para regresar ao partido, pero careceu de fortuna. Seguiu insistindo o filial e abriuse o partido, con espazos en ambos campos e o equipo vigués envorcado en ataque.

No tramo final, o Sanse encerrouse na súa área e o filial foi incapaz de romper a barreira. Primeira derrota da tempada do filial.

0-Celta B: Iván Villar, Farrando, Alende, Ros, Rai, Pampín, Álex Serrano (Solís, min.64), Dani Molina (Jacobo, min.46), Apeh (Aarón Rey, min.53), Dennis, Pastrana.

2-Sanse: Irureta, Valverde, Rivada (Kata, min.30), José Carlos, Iván Pérez, Zazo, Pablo Martínez, Carlitos (Agüero, min.80), Fran Pastor, Castel e Perales (Galindio, min.66)

Goles: 0-1, min.43: Castel; 0-2, min.46: Carlitos

Árbitro: Pérez Fernández, do comité castelán leonés. Amonestou a Álex Serrano, Jacobo, Pampín, Farrando, José Carlos, Irureta

Campo: Barreiro, uns 1000 espectadores,

RC Celta

Etiquetas

Celta b Celta b Celta b Novas celta b Novas celta b Novas celta b

Noticias recomendadas