O filial celeste rozou a vitoria ante a UD Logroñés, segundo clasificado da categoría de bronce. O Celta B volveu sumar a domicilio tras tres xornadas sen facelo e, o máis importante, demostrou o seu crecemento nun campo complicado como Las Gaunas.
Os vigueses dominaron o primeiro tempo e pasada a media hora lograron materializar a súa superioridade cun tanto obra de Pedro Martín. O cadro galego perdoou antes do descanso e nada máis arrincar o segundo tempo. Os locais espertaron por uns minutos que tiveron un resultado letal para o Celta. Ao sesenta minutos de xogo Iker Alegre puxo o empate no marcador. A partir de aí o filial céltico recuperou a posesión do balón e non volveu sufrir, aínda que tampouco dispuxo de ocasións claras.
FICHA TÉCNICA
1-UD LOGROÑÉS: Miguel, Santos, Jacobo, Borja, Paredes, Adrián León, Titi (Carlos Fernández, min.69), Chevi (Milla, min.66), Muneta, Iker Alegre, Luis Morán (Barreda, min.74).
1-CELTA B: Iván Villar, Kevin, Riera, De Amo, Lucas, Jordan (Borja Fernández, min.71), Ledes, Fragapane, Adri Cuevas (Borja Iglesias, min.75), Luis Rioja (Pape, min.90), Pedro Martín.
Goles: Pedro Martín (0-1, min.33); Iker Alegre (1-1, min.62).
Árbitro: Leo Ollo, do comité navarro. Amonestou polo Celta B a Kevin, Jordan, Adri Cuevas e De Amo; pola UD Logroñés a Titi, Paredes e Adrián León.
Campo: Las Gaunas.