Hemeroteca canteira

O Celta B suma un punto ante o Lealtad

RC Celta

celta_b_lealtad_11515.jpg

Xogou con 10 moitos minutos e topouse 2 veces coa madeira, pero Iglesias empatou no último minuto

 

Non tivo o seu día o Celta B esta tarde en Barreiro, onde logrou sumar un punto ao final ante un Lealtad que acertou na súa ocasión e defendeu con firmeza. Os celestes xogaron con 10 case toda a segunda metade e topáronse coa madeira en dúas ocasións, pero Borja Iglesias acertou desde o once metros sobre a bucina para rescatar un punto.

 

Aos 3 minutos, un mal despexe da zaga visitante acabou na madeira na primeira gran ocasión dun filial que chegaba constantemente pola banda dereita. Óscar Santiago detivo despois un remate de socato de Jorge. Unha oportunidade para cada equipo nun arranque tenso e disputado.

 

Aos 14 minutos acertaron os visitantes. Espino empuxou o coiro á rede tras unha boa combinación en ataque. A pesar do escaso tempo xogado, o cadro visitante deu un paso atrás para conservar o seu botín e o Celta B dispúxose a malgastar paciencia na procura de ocos.

 

A tarefa non era sinxela. O Lealtad defendía con orde e intensidade e dificultaba a creación de ocasións dun filial que o tentaba con ganas. Os celestes tiveron un par de boas ocasións antes do descanso, pero non lograron evitar chegar aos vestiarios en desvantaxe.

 

O filial empuxou desde o primeiro instante tras a continuación. Os vigueses chegaban por ambas as bandas, con balóns en profundidade, con combinacións, pero sen acabar de fabricar ocasións claras. E para complicar máis as cousas, Brais viu a segunda amarela aos 13 minutos de xogo. As dous únicos cartóns do partido…

 

O traveseiro evitou o empate aos 22 minutos de xogo tras un taconazo xenial de Borja Iglesias a centro de Thaylor. A mala sorte cebábase co filial, que a pesar de xogar en inferioridade tentábao sen desmaio.

 

No último minuto, Borja Iglesias empatou de penalti e fixo algo de xustiza.

 

1-Celta B: Óscar Santiago, Kevin, Soto, De Amo, Crespo (Thaylor, min.54), Borja Domínguez, Javi Rey (Jordan, min.73), Luis Rioja (Javi Que, min.76), Omar, Brais e Borja Iglesias

 

1-Lealtad: Porrón, Keko, Pantiga, Marcos, Pelayo, Yosu (Peláez, min.85), Hedreda, Matías, Villanueva (Steven, min.72), Espina e Jorge

 

Goles: 0-1, min.14: Espina; 1-1, min.90: Borja Iglesias, de penalti

 

Árbitro: Gávez Bastón, do comité madrileño. Expulsou a Brais con dúas amarelas (53´) e amonestou a Keko

 

Campo: Barreiro, uns 800 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas