O Celta B logrou unha traballada vitoria esta noite en Valdebebas ante o RM Castilla, ao que derrotou grazas a un tanto de Drazic na primeira metade. Os celestes defenderon con orde e determinación e contragolpearon con perigo.
O encontro deixou, ademais dun valioso triunfo, o regreso de Diego Alende trala súa lesión.