O Celta B aplicou constancia, traballo e fútbol para levarse unha vitoria tan importante como merecida. Os celestes foron superiores ao Sporting B e fabricaron ocasións para gañar un partido que finalmente decantou Jordan cun gran zurdazo desde a frontal.
O bo comezo do Celta B careceu de premio aos dous minutos por centímetros. Goldar cabeceou á madeira na primeira gran oportunidade do partido. Segundos despois, un defensor sacou baixo paus un remate de Borja Iglesias, quen xa se desfixera do porteiro. Tremenda a posta en acción do filial celeste, tanto como o seu infortunio.
O Sporting igualou despois o choque, con boas chegadas, aínda que sen finalización, mentres o Celta B trataba de manter o seu empuxe inicial sen a precisión necesaria. A tradución no céspede era moito ida e volta e a sensación de que calquera podería adiantarse no marcador, aínda que con maior perigo nos ataques do filial vigués.
No tramo final, co Celta B moi envorcado, a punto estivo de marcar o Sporting cun remate de cabeza ao longueiro da portería celeste. O descanso chegou sen goles.
Trala reanudación, con Jordan polo amonestado Pape no céspede, moita igualdade e disputa, gran intensidade e poucas ocasións. Co paso dos minutos, comezaron a chegar do lado dos locais, cun novo balón sacado baixo paus incluído.
Aos 29 minutos, Jordan desfixo o empate cun gran zurdazo desde a frontal. O Celta B merecía, por xogo e insistencia, este resultado, que puido ser máis amplo enseguida cun par de boas ocasións desaprovechadas. Ao final, merecida vitoria para un bo Celta B.
1-Celta B: Iván Villar, Kevin, Jonathan de Amo, David Goldar, Lucas Olaza, Borja Fernández, Pape Cheikh (Jordan, min.46), Luis Rioja, Fragapane (Julio Delgado, min.84), Rubén (Guille, min.69) e Borja Iglesias
0-Sporting B: Dennis, Menéndez, Garrido, Julio, Víctor Ruiz, Mario Arqués, Cyril, Pablo (Jaime, min.65), Guillermo (Mera, min.71), Bustos e Mendi
Goles: 1-0, min.74: Jordan
Árbitro: Juan Bustos, do comité castelán leonés. Amonestou a Pape, De Amo, Julio Delgado, Mendi, Mario Arquésm Gartido, Julio, Mera
Campo: Barreiro, uns 1.000 espectadores