Hemeroteca canteira

O Celta B toma impulso cun gran triunfo en Pasarón

RC Celta

celtab-pontevedra-borjafdez

 

O Celta B segue en liña ascendente e comeza a deixar atrás os postos de descenso. Os celestes sumaron este domingo ante o Pontevedra CF a súa terceira vitoria consecutiva, cuarta como visitante, nun derbi rifado ata o asubío final. Aos vinte minutos Frapagane adiantou aos vigueses e, pouco despois, Borja Iglesias puxo o 0-2 no marcador cun espectacular remate. Os locais non tardaron en reaccionar e recortaron distancias por medio de Borjas á media hora de xogo.

 

O Pontevedra tentou dar a volta ao partido no segundo tempo, pero os canteiráns célticos souberon aguantar o resultado, con mención especial para Iván Villar, quen ofreceu un gran repertorio de paradas. Con este triunfo o Celta B mantense a cinco puntos da promoción pola permanencia e a seis dos postos de descenso directo.

 

Os de Alejandro Menéndez mídense a próxima xornada ao Racing Club Ferrol no Campo de Barreiro.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas