Hemeroteca canteira

O Celta B vence ao Ferrol e lánzase á caza do liderado

RC Celta

kevin-cel-ferr-110217.JPG

O Celta B lánzase a por a primeira praza. Tras a espectacular goleada cultivada a pasada semana en Pontevedra os celestes recibían ao Racing Club Ferrol en Barreiro. E non fallaron. Foi un partido traballado, que arrincou con moita igualdade, pero que terminou sendo de propiedade viguesa. Brais Méndez marcou o gol da vitoria na segunda parte, un tanto que, a falta de pecharse a xornada, permite ao Celta situarse segundo na táboa a só tres puntos do líder.

A igualdade foi máxima durante a primeira media hora de xogo. Tanto o Celta B como o Racing arrincaron imprecisos en mediocampo e sen fluidez no ataque. O cadro departamental tentou sorprender á contra e con disparos afastados, sen éxito. Pola súa banda, o filial foi de menos a máis e no tramo final do primeiro tempo gozou de varias ocasións, a máis clara un remate de socato de Iglesias que Sergio García despexou con dificultade.

Tras a continuación o Celta fíxose co balón e a dirección do partido. Cando mellores sensacións ofrecían os de Menéndez chegou a gran ocasión do choque… e foi para o Ferrol. Mendi finalizou a contra departamental enviando o esférico a escasos centímetros do poste. O encontro avanzou con dominio celeste, que se fixo máis patente tras a expulsión por dobre amarela de Pablo Rei no minuto 64.

E minutos despois chegou o tanto vigués, un gran gol coa firma de Brais Méndez. O Celta propúxose a partir de entón conservar o resultado e agardar unha oportunidade para pechar o marcador á contra. O rival refrescou xogadores cos últimos cambios e tentou conseguir o empate por todos os medios. Non o lograron e o cadro céltico quedou co tres puntos.

FICHA TÉCNICA

1-CELTA: Néstor, Kevin, Roger, Alende, Samu, Borja Fdez., Gus, Brais (Caste, min.91), Mera (Joao, min.57), Hicham (Adrián, min.89), Iglesias.

0-FERROL: Sergio García, José Cruz, Borja Freire, Víctor Vázquez, Nano, Gonzalo, Armental (Abelenda, min.80), Mendi (Juan Martínez, min.65), Joselu, Pablo Rey, Dani Benítez (Bicho, min.80).

Goles: Brais Méndez, 1-0, min.67.

Árbitro: Román Román, do comité castelán leonés. Amonestou a Samu (Celta); Nano, Bicho e expulsou con dobre amarela a Pablo Rey, no minuto 64 (Ferrol).

Campo: Barreiro.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas