Hemeroteca canteira

O Celta B vence en Somozas e acelera cara a permanencia

RC Celta

iglesias-celtabsomoz-1516.jpg


 

Unha nova vitoria como visitante, a quinta consecutiva, catapulta ao Celta B cara á permanencia, a só un punto de asegurala matematicamente. Os celestes superaron ao Somozas nun choque intenso no que os locais mantiveron as opcións de puntuar até o minuto final.

 

Fragapane adiantou aos vigueses no primeiro tempo ao finalizar con solvencia un gran pase de Borja Iglesias. Xa na segunda parte o Somozas anotou un tanto en propia porta. O gol de Añón a dez minutos do final puxo tensión no partido, pero os canteiráns mantivéronse serios en defensa e sentenciaron a vitoria cunha diana de Borja Iglesias no minuto 89.

 

Con este tres puntos o filial afástase definitivamente dos postos de descenso directo, mentres que se mantén a cinco da promoción pola permanencia. Un empate a próxima xornada en O Vao, ante o Coruxo, sería suficiente para certificar a continuidade do Celta B na división de bronce.

 

FICHA TÉCNICA

1-SOMOZAS: Manuel, Tchaha, Remeseiro, Rodríguez, Antonio, Baleato (Garcias, min.52), Vilariño (Kike Cubas, min.70), Antón, Barco, Beitía, Daniel (Añón, min.52).

 

3-CELTA B: Iván Villar, Kevin, Samu (Goldar, min.48), Roger Riera, De Amo, Borja Fernández, Fragapane, Pedro Martín (Adri Cuevas, min.64), Borja Iglesias, Gus Ledes, Luis Rioja (Jordan, min.82).

 

Goles: Fragapane, 0-1, min.35; Rodríguez, p.p., 0-2, min.67; Añón, 1-2, min.78; Borja Iglesias, 1-3, min.89.

 

Árbitro: Pardeiro Puente. Amonestou aos locais Baleato, Daniel, Garcias; aos visitantes De Amo, Jordan, Borja Iglesias, Goldar.

 

Campo: Alcalde Manuel Candocia.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas