destacada
Celta b

O Celta B volve a gañar fóra de casa en Mérida (0-3)

RC Celta

Vitoria do filial celeste en terras estremeñas para seguir coa boa forma mostrada nestas última xornadas en Primeira RFEF.

Vence o RC Celta B no Estadio Romano cunha primeira parte na que o conxunto vigués foi o dominador da pelota. En dous descoidos emeritenses o equipo celeste conseguiu levar o balón cara á área rival e tanto Miguel como Iker conseguirían anotar os dous primeiros goles en xogadas case idénticas.

O segundo tempo comezou con gol celeste obra de Miguel e quedaría marcado polo dominio celeste e unha expulsión ao conxunto “romano” que durmiu un pouco o final de encontro.

Con esta vitoria, o RC Celta B chega a final da Xornada 25 como sexto clasificado a apenas un punto dos postos de playoff de ascenso a Segunda División. A seguinte xornada visitará o estadio celeste o San Fernando andaluz.

FICHA TÉCNICA

0 – AD Mérida: Juanpa; Ruiz (Cinta, min.63 ), Bonaque, Nacho; Parras (Viñuela, min. 85), Acosta, Larrubia (Lolo Pla, min. 63), Meléndez (Lorenzo, min. 46′), De la Vibora (Sandoval, min. 35); Copete, Chuma

3 – RC Celta B: Cuba, Medrano, Yoel, Gael, Carrique; Damián, Calderón (Tincho, min. 46 ), Hugo Álvarez (Raúl Blanco, min. 76); Miguel (Durán, min. 64 ), Iker, Lautaro

GOLES: Miguel (0-1, min. 16), Iker (0-2, min. 31), Miguel (0-3, min. 52′)

ÁRBITRO: Amoestou polo RC Celta B a Lautaro, Miguel y Damián e polo AD Mérida expulsou a Copete.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas