Do mesmo xeito que o primeiro equipo, o Celta B iniciou o traballo de pretempada este luns na Madroa coa primeira sesión de adestramento dirixida polo vigués Rubén Albés, novo técnico do filial.
O segundo equipo celeste volveu aos adestramentos con varias caras novas. O porteiro Dani Sotres, o centrocampista Rai Marchán e os atacantes Dennis Eckert e Víctor Pastrana son as primeiras fichaxes para a nova tempada. A eles súmanse os xuvenís Fran, Juanma, Salgueiro, Riki, Álex Rey, Aarón Rey, Solís, Sobrido e Martín Fuentes, ademais de Borja Peña, Juan Ros, Iago e Sergio De Paz, quenes regresan a Vigo tras xogar unha tempada cedidos noutros equipos. A lista complétase con Kevin, Robert, Dani Molina, Juan Hernández, Agus Medina, Adrián Rodríguez.