Os celestes venceron 1-2 ao cadro deportivista na final e alzáronse co título galego
O Celta Cadete B alzou o título de campión galego na tarde de onte tras vencer ao Deportivo de La Coruña por 1-2 en A Escravitude (Padrón).
O cadro celeste estreou o marcador no primeiro tempo por medio de Anxo Panzos. Na segunda parte o deportivista Aarón Sánchez puso as táboas, pero no último tramo do encontro Cabado sentenciu a final a favor dos célticos.
O club felicita ao corpo técnico e ao plantel por este gran triunfo, que apuntala a ilusión e dedicación do RC Celta pola canteira.