O Celta despediuse do torneo LaLiga Promises en oitavos de final. Os celestes caeron pola mínima ante o Espanyol (1-0) tras clasificarse como terceiros de grupo na primeira fase. A pesar dos resultados, os canteiráns galegos ofreceron unha moi boa imaxe ao longo de todo o campionato, que se celebrou o pasado fin de semana en Villarreal e finalizou co FC Barcelona como campión.
RESULTADOS RC CELTA – LALIGA PROMISES
FASE DE GRUPOS
Villarreal 2-1 Celta
Athletic 1-3 Celta
Betis 3-2 Celta
Sporting 1-1 Celta
OITAVOS DE FINAL
Espanyol 1-0 Celta