Os celestes quedaron a un tanto de igualar a eliminatoria ante o Rayo Vallecano
Non puido ser. O Celta Xuvenil de División de Honra afrontaba a volta das semifinais de Copa do Rei ante o Rayo cargando o resultado negativo cultivado na ida, un 3-1. A Madroa encheuse de celtistas que alentaron aos canteiráns desde o primeiro ao último minuto. O partido, protagonizado pola intensa calor, comezou coas forzas igualadas.
Os vigueses non tardaron en atopar o seu xogo e aos 20 minutos gozaron de suficientes ocasións para dar a volta á eliminatoria. O porteiro rayista evitou que así fóra. Ao bordo do descanso chegou o merecido gol céltico. Un gran centro de De Paz rematouno Rocha no segundo pau ao fondo da portaría.
No segundo tempo notouse o desgaste físico en ambos os equipos. Os celestes tiveron numerosos achegamentos á área rival, pero as ocasións claras non chegaban. No minuto 62 o Raio golpeou á contra cun tanto, obra de Juancho, que obrigaba ao Celta a buscar outros dous tantos para forzar a prórroga. No tempo de desconto Julio Delgado puxo o 2-1 no marcador, xa sen tempo para igualar a eliminatoria que finalizou cun resultado global de 3-4 a favor do equipo rayista.
O Celta Xuvenil de División de Honra pecha unha gran tempada a pesar de caer na Copa de Campións e na Copa do Rei. Xogadores e corpo técnico realizaron un moi bo traballo ao longo de toda a campaña e proba diso é que até este encontro os célticos fixeran pleno de vitorias no seu feudo.
FICHA TÉCNICA
2-Celta: Ángel, De Paz, Jorge, Bugallo, Diego Alende, Peña, Hugo Pintos, Rocha, Adrián Rodríguez, Yelko e Julio Delgado.
1-Rayo: Javi Ruiz, Quirós, Akieme, Poblete, Nico, Clavería, Juancho, Pep Biel, Uche, Quique e Smafa.
Goles: Rocha, 1-0 (min.43); Juancho, 1-1 (min.62); Julio Delgado, 2-1 (min.92) – Resultado global: Celta 3-4 Rayo
Campo: A Madroa