O Celta Campeche de categoría infantil conseguiu recentemente o triunfo na prestixiosa Liga Marcelino Champagnat de Mérida, o torneo máis prestixioso da península de Yucatán. Na final, o equipo celeste impúxose por tres goles a cero ante Montejo Rayado.
Ademais, o equipo alevín de Celta Campeche finalizou o torneo en segunda posición tras caer nunha intensa e competida final xogada contra Nido Águila
Estes resultados consolidan a Celta Campeche como un dos referentes no desenvolvemento de novos futbolistas no sueste de México. Esta escola oficial do club ten como obxectivo o desenvolvemento de mozos campechanos aplicando o modelo de xogo, a metodoloxía de adestramento e os valores inspirados nos do RC Celta.