Hemeroteca canteira

O Celta, campión da Liga Galega Cadete

RC Celta

Cadete1.jpg

 

O Real Club Celta Cadete impúxose por dous goles a cero ao Deportivo da Coruña na final da liga Galega, o que lle valeu para alzarse co título de campión autonómico. O equipo celeste chegou á final como campión do grupo sur con 87 puntos mentres que o Deportivo fixo o propio no grupo norte alcanzando tamén a primeira praza.

 

A final tivo lugar no campo de San Martiño de Callobre en A Estrada e nela medíronse os dous campións de grupo nun intenso encontro que se saldou con goles dos celestes Álvaro Rodríguez e Íker Losada. O Celta repite deste xeito o título de campión galego cadete que conseguiu o pasado ano despois de vencer tamén ao club coruñés na quenda de penaltis.

 

Este éxito, unido á gran tempada dos equipos da canteira celeste, establece unhas sólidas bases de futuro para que A Madroa continúe como un gran referente tanto a nivel futbolístico como formativo.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas